Wednesday 24 de April de 2024

Ordes celebrará o vindeiro sábado o ‘Día da solidariedade’ con partidos de fútbol galaico e concertos musicais


Recolleranse alimentos, roupa, xoguetes e produtos de hixiene para repartir entre as persoas máis necesitadas do municipio

O vindeiro sábado día 27 Ordes celebrará o seu ‘Día da solidariedade’. Unha xornada que xurdiu da iniciativa popular co fin de recadar alimentos non perecedeiros, roupa, xoguetes en bo estado e produtos de hixiene. Todo será doado íntegramente a organizacións e asociacións benéficas da zona.
A primeira das citas desenvolverase a partir das 15 horas no campo de fútbol de Vista Alegre, onde todos e todas os que queiran poderán acceder gratuítamente e depositar os seus donativos. Unha hora máis tarde haberá unha charla introdutoria na que se explicará en qué consiste e as normas básicas do fútbol gaélico. Xa ás 16.30 horas terá lugar o primeiro partido entre nenos e nenas, que tamén poderán divertirse con multitude de xogos e actividades ao aire libre. Ás 17.30 dará comezo o partido de adultos. Posteriormente terá lugar o ‘terceiro tempo’ no que se intercambiarán opinións e impresións sobre a xornada. A música e a festa virá da man da asociación Camiño Real de Poulo, que ofrecerá unha foliada na compaña de todos daqueles que se queiran unir.
Aqueles que queiran inscribirse nalgún dos encontros, aportar algunha xusestión ou ofrecer a súa colaboración, simplemente teñen que enviar unha mensaxe privada a través do Facebook da páxina ‘Día da soliedariedade de Ordes’. Tamén o poden facer na delegación de Cruz Vermella Ordes, nos baixos da Alameda.
Cita nocturna
Xa pola noite, a partir das 22.30 horas, o pub Acero servirá de escenario para un concerto solidario. Nel actuarán os grupos Monchos, Fliying Boogaloos, Siempre Fiel e o colectivo tecno Boura Máis. As entradas xa se poden adquirir a 6 euros na hamburguesería A Bolera e no café Abaco.
Esta iniciativa solidaria está organizada pola veciñanza de Ordes e entre os seus colaboradores figuran Cruz Vermella Ordes, Movida Ordes e o Concello de Ordes.